Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

10/5/20

ACTIVIDADES 4º. luns 11 de maio


Bo día chic@s!

Comezamos esta semana celebrando dous aniversarios. Onte cumpriron anos Raquel e Lorena. Moitos parabéns!!! Aquí vos deixamos un vídeo de felicitación! Esperamos que vos guste!!

Como pasáchedes a finde? Alguén animouse a construír un teléfono caseiro?

Iniciamos a xornada presentando os debuxos que achegan Leire, Aarón, Mara e Iván. Leire achega un gracioso debuxo puntillista. Moi ben Leire! Alegrámonos de que te animases a envíalo. Aarón, Mara e Iván achegan as súas interpretacións persoais de Kandinsky. Moi bonitos os tres! 

A continuación unha canción de María Fumaça que xa coñecedes. Disfrutádea! 

Proposta de tarefas

Lingua galega:

-Ficha fotocopiada “Comprendo un cartel”

- Atreveríaste a facer un cartel informando do comportamento que debemos ter todas as persoas neste momento de pandemia por coronavirus? Gustaríame que me enviásedes fotos destas dúas tarefas: ficha e cartel.

Matemáticas:
- Sitúate na páxina 104 ( libro 2º trimestre) e fai na túa libreta os problemas 1,2,3 e 4. Neste caso debes reescribir o enunciado. Recorda facelo ordenadamente  e logo resolve indicando: datos, operación e solución.
- Sitúate na páxina 95 (libro 2º trimestre)  e fai na túa libreta o exercicio 2.
- Corrixe os teus exercicios do venres. (Ficha autocorrectora) Fíxate ben nos erros, serven para aprender. (Se tes moitos erros é conveniente que repitas os exercicios nun momento que teñas libre.)

Lectura/Ciencias Sociais
- Corrixe o teu gráfico ( Ficha autocorrectora gráfico)
- Le con atención as páxinas 12 e 13 do libro ( C. Sociais.) Fai o exercicio 1 da páxina 13, seguindo o modelo de táboa que te achego.

E por último achégovos de novo o libro “Fred Quincalla”

A partir de hoxe intentarei achegarvos fichas autocorrectoras de todos aqueles exercicios que sexa posible. 

Isto é todo por hoxe. Unha aperta e  moito ánimo para comezar esta nova semana!

DEBUXO PUNTILLISMO. LEIRE

DEBUXOS AARÓN, IVÁN E MARA  (Kandisnky)





                   FELIZ CUMPLE LORENA!  FELIZ CUMPLE RAQUEL!
 
CANCIÓN MARÍA FUMAÇA
 

PROPOSTA DE TAREFAS