Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

4/5/20

Tarefas 5 anos semana 4 de maio



Bo día a tod@s!

Xa sei que tedes o material que vos imprimín. De tódolos xeitos, cada semana, seguirei poñendo as fichas, ( a modo de guía ) que podedes facer xunto coas tarefas correspondentes dos libros.

  • Esta semana imos a traballar a letra ch e comezar coa g.

  • Repasaremos os números 9 e 10 e tamén faremos unhas sumas.

Fichas dos libros.

Remataremos os libros do 2º trimestre:

  • Coñecemento do entorno (El tiempo):
Ficha Nº8: Poñer os números que faltan no reloxo e pegar ou debuxar as agullas.

Ficha Nº18: Rematar o debuxo da paisaxe.

Ficha Nº24: Rodear o vocabulario traballado, debuxar o que máis lles gustou do libro e escribir coa vosa axuda o que debuxaron.

  • Matemáticas

Ficha Nº4: Contar e escribir a cantidade que hai de cada elemento nas figuras.

Ficha Nº14: Debuxar nos dados vacíos os puntos que faltan para obter en cada caso un resultado de 6.


Aquí vos deixo o link das tarefas.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1d1RIg0jfqSVdp5ybnsi57-0PVQfQS23t/view?usp=sharing )

Xa sabedes que calquera dúbida que teñades cos libros e co resto do traballo podedes contactar conmigo no correo electrónico: mariainfantilcole@gmail.com

Un abrazo moi forte para tod@s!

BOA SEMANA!!!