Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

5/5/20

Música Primaria: terceiro trimestre

Bos días a todos! Como estades?

Adxunto recursos e enlaces pra que podades ir traballando, cada quen ao voso ritmo:

Pra todos os cursos: Xa que dende convivencia estamos facendo sesiones de mindfulness, deixovos a todos unha lista de reproducción de música instrumental relaxante pra escoitar en spotify se alguen da casa ten unha conta. Recordades os de 1º o exercicio de imitar os movementos da marioneta? Os últimos días que o fixemos na clase foi con música similar de fondo. A vantaxe de esta música ambiental e que podemos tela sonando en baixo mentres pintamos, lemos, paseamos, etc. Mesmo, a algúns, pode axudarnos a estudar sempre que non nos distraia. Enlace

Tamén gustariame que aproveitasedes os que tendes instrumentos na casa, tanto por tocalos vós como alguén da familia. Animariadesvos a facer un vídeo ou escribir algo contándonos cousas sobre ese instrumento e ensinando como soa? Ou no caso de ser un familiar gravalo tocando? Se alguen se anima que mo pase por correo e publicámolo no blog pra aprender todos de todos!

1º e 2º: Podedes seguir cantando e bailando as cancións que traballábamos na clase: ou iso ou aquiloEl baile del cuadradoA princesa do Caurel ou algunha do Just Dance. A maiores experimentade coa percusión coporal, recordades os rondos de imitación que facíamos na aula? Seriades quen de facelo na casa? Aproveitade pra investigar sobre os instrumentos que podades ter ao voso arredor preguntando a familiares.

3º e 4º: Adxunto un pequeno documento con partituras de flauta. Os de terceiro podedes seguir practicando as dúas cancións de tres notas (si-la-sol) que tiñamos e engadir alguna das que saen aquí. Ademáis podedes comezar a ver as posicións do resto de notas seguindo estas partituras e intentando conseguir que soen limpas. Os de 4º aproveitade pra repasar tamén as posicións das notas e intentade tocar algunha canción que vos interese. Partituras flauta

5º e 6º: No caso de 5º adxunto un par de partituras pra que sigades practicando no musescore: Harry PotterEl cucúAy linda amiga. En canto a 6º, seguide practicando as que tiñamos coa flauta e as posicións das notas se algunha non vos soa limpa, podedes utilizar tamén as partituras de 3º e 4º pra repasar. Ademáis, aos dous cursos gastariame propoñervos unha actividade moi interesante que me fixo chegar a asociación "Musicas ao vivo" e que iamos realizar na aula. Trata sobre os Premios Martín Codax da música en Galicia. Aquí tendes a información: Enlace. Como polas circunstancias non podemos facer un programa de radio propóñovos coma alternativa facer un vídeo ou redacción contando a información sobre o grupo que escollades, mesmo podedes, con axuda dun adulto, preguntarlle ao grupo por redes sociais, estarán encatadas de responder. Logo compartímolo no blog xunto coas súas cancións e será unha forma de coñecer música galega entre todos.

Rercórdovos que podedes contactar comigo ou enviar os vosos traballos no correo jdapontecampos@edu.xunta.es

Un saúdo e moito ánimo!