Ola chic@s! Como imos
avanzando?
Que tal o voso primeiro contacto cos números decimais? Xa recibín algúns
traballos. Sei que é un pouco complicado aprender conceptos novos a distancia.
Hai que facer un pequeno esforzo. Non vos preocupedes, soamente é unha introdución.
O curso que ven trataredes este tema moito máis a fondo.
E as bolboretas? Gustáronvos? A ver se temos a sorte de
ver moitas esta primavera.
Hoxe inician a sesión Sharay e Alejandra. Sharay achéganos un debuxo puntillista
moi gracioso e Alejandra envía a foto
da súa faba. É incrible como creceu!
Para comezar o día cun sorriso deíxovos unha canción dos “Muppets”,
uns curiosos personaxes.
Proposta de tarefas
Matemáticas: Sitúate
na páxina 102 do libro (2º trimestre). Iniciarémonos na comparación de “números decimales”. Le con atención varias veces o recadro azul, mira o vídeo explicativo ( é moi aclaratorio) e despois fai os
seguintes exercicios:
- Ej. 1, 2 y 3 pág. 102
- Ej. Cálculo Mental, parte
inferior pág. 103
- Ej. 2 pág.109.
- Ej. 3 pág. 109 (Recorda que
primeiro hai que facer as operacións que van entre paréntese)
(Debes
copiar o enunciado con boli
vermello e facer os exercicios con
lapis, coma sempre facemos. Non esquezas escribir a data.)
Lingua galega: Ficha fotocopiada: “Comprendo
un correo electrónico”. Despois de facer o que che indican, propóñoche unha
tarefa extra: subliña no texto todos os substantivos comúns e propios.
Despois escribe na túa libreta unha oración con cinco destes substantivos
e subliña en cada oración o suxeito e o predicado.Tamén vos deixo un par
de vídeos explicativos sobre o "correo electrónico".
Lectura en
Lingua castelá: Sitúate na páx. 72 do libro
(2º trimestre). Atoparás a lectura “La isla del tesoro”. Podes practicar a lectura
en voz alta con alguén da túa familia. Recorda entoar adecuadamente./ Xogo reforzo palabras polisémicas.
C. Sociais: Le atentamente ás páxs 8 e 9 do libro de C. Sociais. Imos
intentar facer un mapa conceptual da pregunta: Que é unha rocha?. Para iso achégovos unha plantilla que podedes
copiar na libreta (recorda contar os cadradiños para que che saian todos os
rectángulos mais o menos iguais. Podes usar unha regra.). Tamén vos deixo outro
vídeo interesante sobre Rochas.
Isto é todo por hoxe. Espero que vaiades organizándovos
ben con esta nova forma de traballo a distancia. Unha aperta!
PUNTILLISMO
XERMINACIÓN
PROPOSTA DE TAREFAS
EX. LIBRO MATEMÁTICAS
VÍDEO COMPARACIÓN DECIMAIS
FICHA FOTOCOP. LINGUA GALEGA
VÍDEO CORREO ELECTR. 1
VÍDEO CORREO ELECTR. 2
LECTURA LIBRO L. CASTELÁ
XOGO PALABRAS POLISÉMICAS
LIBRO C. SOCIAIS
PLANTILLA MAPA CONCEPTUAL
VÍDEO "AS ROCHAS"