Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

19/6/20

Fin de curso Música

Bos días!
Chegamos hoxe ao último día do curso! Tráiovos a todos un vídeo sorpresa. Foi unha magoa non ter a oportunidade de ensinarvos isto no cole, pero espero que o desfrutedes igualmente! Está feito con todo o cariño!
Un saúdo a todos e todas e pasade un moi bo verán!
Jairo.




20/5/20

Música: Óscar (5º), fálanos sobre Pelepau.

Bos días!
Seguen chegando traballos sobre os grupos nominados aos Premios Martín Codax. Neste caso o noso compañeiro Óscar de 5º preséntanos a Pelepau. Deixovos co seu traballo e cunha canción do disco que que menciona gravada en Tui. Animádevos a seguir enviando traballos pra descubrir entre todos e todas máis música galega!




18/5/20

Música, conmemoración do día das Letras Galegas



Bos días!

Como supoño que saberedes onte celebramos o día das Letras Galegas. Recordades que polo día de Rosalía puxemos na aula algún dos seus poemas musicalizados? Pois ben, esa era tan so a punta do iceberg da música cantada en galego! Temas na actualidade centos de bandas de todos os estilos que utilizan o galego como lingua principal. Como xeito de conmemorar as nosas letras comparto convosco algunhas delas:

Se pensamos en música en galego quizáis o primeiro que nos veña á cabeza sexa por suposto o folk e a música tradicional. Temos un montón de artistas destacados nestes xéñeros tales coma A Roda, Milladoiro, Berrogüeto, Rosa Cedrón, etc. Deixo como exemplo unha das nosas cancións e bandas máis representativas deste estilo: Chove en Santiago - Luar na lubre

Seguramente a continuación recordaremos o punk rock ou rock bravú de grupos coma Siniestro Total, Terbutalina, Ruxe Ruxe ou Terbutalina. "Terra" é xa un auténtico himno. Dakidarria - Terra

Pero por supusto isto sigue sendo so o comezo. Temos metal: Mileth - De Bruma E Salitre, blues: Blues do país - sentadiña no pantalán, cantoautoras: Ses - Tempestades de sal, electrónica mesturada con tradicional: Baiuca - Morriña e prácticamente todos os estilos que se nos ocorran.

Se vos interesa a música actual cantada en galego e queredes coñecer máis deixovos un enlace onde se mantén actualizada unha lista de grupos e artistas que utilizan a nosa lingua. Animádevos a ir descubrindo máis! Enlace

Un saúdo a todos e boa semana!

11/5/20

Música Primaria

Bos días! Como estades? Espero que todo vaia ben

Xa me chegou o primeiro traballo sobre os Premios Martín Codax da música en Galicia! A nosa compañeira Uxia de 6º fálanos sobre Cora Sayers! Invítovos a ver o seu vídeo e descubrir algo sobre a vida e obra de esta artista Pontevedresa!

Cora Sayers - Uxia

Deixovos tamén cun videoclip seu:



Por último, adxunto tamén unha lista de reproducción dun canal de youtube chamado DoodleChaos para que todos poidades vela. É un creador que fai sincronizacións de música con imaxes moi traballadas e divertidas, con resultados coma este:



Se queredes ver máis do seu traballo este é o enlace

Un saúdo!

5/5/20

Música Infantil: Recomendacións terceiro trimestre

Bos días!
Adxunto enlaces das cancións que estábamos cantando na aula para que poidan escoitalas e cantalas de vez en cando. Eles xa as coñecen, tanto estas coma outras similares que aparecen en contidos relacionados, polo que calquera delas é unha boa opción pra cantar un pouco.

MaripositaLa lechuzaEl cuello de la jirafaBaby shark,

Deixo tamén pra traballar unha lista de vídeos de recoñecemento de sons, tanto de instrumentos coma da natureza. Algúns a os tiñamos feito na aula así que xa saben en que consiste.

Recoñecemento de sons

A maiores, na aula manipulan de cando en vez instrumentos de pequena percusión, se alguen ten na casa tarrañolas, cunchas ou instrumentos sinxelos similares de percusión poden manexalos de cando en vez, así coma traballar a percusión corporal: palmas, chasquidos, golpes nos xeonllos e pisadas, por imitación. Se ademáis algún pai/nai ou irmán toca algún instrumento pode ser un bo momento pra ensinarlle en que consiste: como se produce o son, como se toca, etc.

Recórdovos que para calquera cousa podedes contactarme no correo jdapontecampos@edu.xunta.es

Un saúdo a todos, en especial aos nenos e nenas, e moito ánimo!

23/3/20

Música: recomendacións primaria

Bos días!
Espero que esteades pasando estes días da mellor forma posible. Recoméndovos escoitar moita da vosa música favorita pra manter o ánimo e aproveitar pra descubrir cousas novas (variando de estilos, por favor). Tamén podedes poñer algún dos vídeos de Just Dance pra facer movemento na casa.

Polo demáis, pra 1º e 2º deixo o enlace ao Chrome music lab que vimos na aula por se queredes explorar e non o tiñades apuntado. 3º e 4º non esquezades repasar de vez en cando as pezas de flauta e 5º e 6º as cancións que comezáramos a cantar  o último día: Estando a mora no seu lugar e Fun ao mercado. Ademáis, os de 6º podedes repasar tamén coa flauta a bso de Titanic que tocábamos na clase.

Un saúdo e moito ánimo!

16/3/20

Música 3º e 4º Primaria



Boas días.
Adxunto as partituras de flauta que estabamos vendo na aula por se queredes darlles un repaso estes días e non as tendes memorizadas. Recordade que con 3º facíamos as dúas de Si - La - Sol, a segunda sen o último pentagrama, e con 4º as tres pezas completas. Un saúdo e moito ánimo!

Si - La - Sol: Partitura

Sol - La - Si nova: VídeoPartitura

Polca: Partitura