Bos días! Comezaremos esta semana repasando o valor das moedas e billetes a
través dunhas tarefas interactivas. Unha vez realizadas dámoslle a enviar as
respostas a profesora.
Ao rematar imos traballar os xentilicios en
lingua castelá. Primeiramente visualizade o seguinte documento que elaborei dándolle a iniciar presentación https://docs.google.com/presentation/d/1U91lHfB7B4Xuu_aYQ_V70BjzgAVOdPZ-/edit#slide=id.p1. . Ao finalizar ides investigar sobre algúns xentilicios Actividade
A continuación seguiremos traballando o concello na área de ciencias
sociais. Para iso ides ler o seguinte documento Como se forma o concello e ao rematar realizaredes un quizizz de repaso no enlace https://quizizz.com/join. Lembrade, engadides o código 563869 e poñedes o voso nome.
E por último traballaremos o uso da v en lingua galega a través dun tarefa
moi sinxela na que tedes que identificar b ou v. Actividade de ortografía
Nun ratiño envíovos o terceiro reto a tod@s os que superastes o segundo. Ánimo!
Un saúdo.
Fanny.