Bos días chic@s! Hoxe dende a ciencias da natureza seguiremos traballando a
materia. Esta vez os seus estados. Para comezar visualizaredes o seguinte power
point que vos preparei dándolle a iniciar Presentación. A continuación, faredes unha tarefa moi sinxela na que
tedes que identificar os distintos estados da materia Actividade.
Ao rematar realizaredes tres experimentos para comprobar os distintos cambios
de estado Experimentos e ao finalizar recolleredes os resultados na seguinte Táboa
A continuación dende a área de matemáticas repasaremos o valor das moedas e
billetes a través dun cuestionario quizizz no enlace https://quizizz.com/join e co código 944252.
Engádovos ademais unha
tarefa para que poidades seguir repasando as táboas de multiplicar Actividade de repaso
E por último e dende a área de plástica, imos construír un reloxo que nos
axudará a traballar as horas a próxima semana. Podedes elaborar o modelo que
queirades, pero empregando material de reciclaxe. Déixovos un modelo moi chulo que atopei para que poidades ver Foto reloxo. Espero ver fotos deses estupendos e orixinais reloxos!
Un saúdo e moi boa fin de semana.
Fanny.