Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

6/5/20

Mércores 06/05/20 - Actividades 3º educación primaria

Ola chic@s! Hoxe comezaremos preparando unha entrevista na libreta en lingua castelá. Engádovos un documento para que poidades seguir as instrucións pautadas Entrevista.

Ao finalizar, dende a área de matemáticas traballaremos o cálculo mental a través dunha tarefa na que tedes que debuxar moedas en función das instrucións que se vos propoñen Cálculo mental.

A continuación, faredes unha tarefa interactiva de repaso dos posesivos en lingua galega no enlace https://es.liveworksheets.com/jd397899xt. Recordade de enviarme a tarefa ao finalizar.

Ao rematar, realizaredes un cuestionario quizizz de repaso da localidade e o concello a través do enlace https://quizizz.com/join e poñendo o código 701810.Non vos esquezades de engadir o voso nome.

E por último engádovos un xogo para traballar a expresión oral no que tedes que recortar as tarxetas e unir a imaxe co texto relacionado. Tamén podedes realizalo na libreta Diálogo con imaxes.

Un saúdo e moito ánimo.
Fanny.