Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

6/5/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 7 de maio


Ola de novo! Como estades?
Como van eses números decimais? Onte recibín unha morea de tarefas realizadas. Vexo que vos estades esforzando!! 

Comezamos a sesión presentando unha fantástica obra artística feita por Lara coa técnica de puntillismo.  Moi ben Lara, como disfrutaches!!

A continuación quero que vexades uns vídeos que relatan a vida  e obra de Vasili Kandinsky, un importante pintor ruso, precursor da arte abstracta. Estade ben atent@s! É moi interesante!

Proposta de tarefas

Matemáticas:
- Ficha fotocopiada: “Vaya montañas rusas” ( repaso de  unidades de lonxitude, descomposición e aproximación de números naturais, e números romanos).

- Vídeo titorial: números romanos

Vídeo titorial: medidas de lonxitude

- Xogo: cálculo mental

Valores: Ficha extra sobre emocións ( para copiar ou imprimir)

L. Castelá: Escribe  coas túas palabras, na libreta, un resumo da vida de Vasili Kandinsky. ( Intenta ordenar ben as ideas e facer boa letra utilizando os signos de puntuación adecuadamente e facendo algún parágrafo, se fose necesario.)

Plástica:  Fai un debuxo tomando como modelo os cadros de Kandinsky. Fíxate que utiliza básicamente o punto, a liña e algunhas figuras xeométricas sinxelas. Observa tamén que cores abundan. Estou desexando ver as vosas producións!

Achégovos unha ficha autocorrectora do mapa conceptual para que comparedes cos que fixéchedes vós.

E por hoxe nada máis. Unha aperta! 

PUNTILLISMO LARA




VASILI KANDISNKY







PROPOSTA DE TAREFAS

FICHA FOTOCOPIADA MATEM.