E por fin ... chegamos ao final do camiño.
Antes de
nada dicirvos que a MIGUEL gustoulle moito o noso agasallo. ¡Alegrámonos!
Un pouquiño máis abaixo MIGUEL achéganos unha SORPRESA!
Mara che envía o seu debuxo de despedida... chegou a tempo!
É unha
pena non poder facer unha festa de despedida todos xunt@s, pero este ano foi así. Como di Manuel, o coronavirus non nos deixou. Xa compartiremos outros momentos…
Teño que
dicirvos que estou encantada de habervos coñecido e de haber compartido con vós
estes dous anos. Pasamos momentos moi agradables e divertidos! Quedarán nas
nosas memorias!
Hoxe
temos dúas SORPRESAS:
Tamén hoxe é un día especial para LEIRE... está de ANIVERSARIO! MOITOS PARABÉNS, Leire!
Un saúdo especial para SHARAY, que estase a recuperar dunha caída. Moita paciencia co xeso!!
Ata sempre!
UNHA
SUPERAPERTA PARA TOD@S!
QUE PASEDES UN FELIZ VERÁN!