Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

8/6/20

ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS (Semana do 8 ao 12 de xuño)

Ola familias! 

Que tal imos? Xa estamos chegando á recta final do curso, pero outra semana máis deixo unha proposta de actividades para facer. 

CONTO 


Deixo o enlace para quen non o poida ver dende os teléfonos, https://www.youtube.com/watch?v=qcbf6wsEvnI

MANUALIDADE EN RELACIÓN AO CONTO

Facer os animaliños do conto en plastilina. 
Recordade a importancia de traballar as mans por iso modelas plastilina é ideal. 

REPASO DOS NÚMEROS ATA O 3 E AS VOGAIS 

Para repasar o números, precisamos folios e cores, nun folio escribiremos arriba de todo os números 1, 2 e 3 (se vedes que son capaces podedes aumentar os números ata o 5, 6, etc.), logo hai que asignarlle unha cor a cada número. Por último, escribiremos os números polo folio de maneira aleatoria. Os nenos e nenas terán que ir facendo círculos arredor dos números tendo en conta a cor asignada. Deixo unha foto como exemplo... Podemos facelo unha primeira vez axudando coas cores e logo, unha segunda vez escribindo os números todos de negro e non darlle pistas. 


Para repasar as vogais, faremos exactamente o mesmo pero cambiando os números polas vogais en maiúsculas. 

Variante para seguir repasando o nome, podemos tamén nun folio escribir as letras do seu nome salteadas e mesturadas con outras. Teñen que topalas e rodealas ou marcalas dalgunha maneira. 

SERIE 

Para esta semana, imos volver facer outra serie, esta vez con elementos naturais como pedriñas, follas, flores... Pode ser pedra, flor, folla... Seguro quedan moi bonitas!!!!! ;) 


PUZZLE 




NATALIA