Bos días! Seguimos cos retos e cos Quizzizs!
Reto 1: Xogade a este xogo de memoria online (Tendes que atopar as parellas de cans) Se conseguides superar a miña puntuación conseguiredes 5000 EXP. Para iso necesito unha captura de pantalla coa vosa puntuación una vez finalizado. O meu tempo foi de 187 segundos e 76 clics como podedes ver en esta imaxe:
Aquí tendes o enlace para xogar: Xogo de memoria
Reto 2: Tendes que facer o seguínte puzzle online e dicirme de que accidente xeográfico se trata: Puzzle
Gañaredes 2000 de exp se o logrades!
O gran Quizziz de 5º Segunda parte. Como o de onte, pero desta vez tendes que conseguir acertar todas as preguntas para poder levar a experiencia! Seran 15.000 Exp se o logrades. Aquí esta o enlace para xogar: O gran quizziz de 5º
Tamén podedes entrar poñendo o seguinte código na paxina de quizziz: 2415815
Moito ánimo!