Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
30/3/20
2º de Primaria . Tarefas semana do 30 de Marzo ao 3 de Abril
Bos días! Como van eses ánimos?
Comezamos nova semana, a última xa antes do parón de semana santa. Imos seguir co traballo sobre as táboas de multiplicar. Que tal levades a do 5? Coma sempre, a temporalización que propoño é optativa, elexide a que máis vos conveña:
Luns 30: Repaso das taboas de multiplicar do 2 e do 5: Ficha
Martes 31: Unha ampliación de esas dúas taboas e das restas con levadas en números de tres cifras: Ficha
Mércores 1: Seguimos coa taboa do 5 facendo a segunda parte da ficha 20 do noso libro. Como supoño que non o teredes na casa deixovola aquí. (No último exercicio non é necesario que inventedes un problema para cada conta, pero facedeo polo menos dunha): Ficha 20
Ademáis hoxe tamén tiñamos a hora de Plástica. Propóñovos facer, se aínda non o tendes, un debuxo para mandar ánimos nestes días. Están de moda os de arcos da vella, pero pode ser coma vós queirades. Ademáis, podédevos sacar unha foto con el para o vídeo que imos montar igual que o que fixemos dos profes!
Xoves 2: A primeira parte da ficha 22 do noso libro sobre os termos "dobre, triple, metade e tercio". Nesta ficha comeza a verse xa a taboa do 6, así que comezade a estudala! Ficha 22
Venres 3: Último día! Se xa rematamos as actividades anteriores, aproveitando a hora de informática propóñovos seguir coa aprendizaxe das taboas utilizando os xogos de mundo primaria que xa vimos a semana pasada. Probade ata a taboa do 6! Mundo primaria
Durante a semana santa leede moito, descansade, xogade, escoitade música...e dádelle algún repaso as taboas! Cando volvamos aprenderemos as tres que nos faltan. Un saúdo e moito ánimo. Xa falta menos!