BO DÍA PARA TODOS E TODAS!
Seguimos amosando os traballos do noso alumnado:
Boneco de Valentín Manualidades cunha botella. Valentín
Iria de maior quere ser... |
MATEMÁTICAS
Para recordar os días da semana facemos as páx. 13 e 14 de medida (bloque lila). Despois podedes escribir os días da semana en galego na libreta.
Para recordalos mellor, axudaravos se escoitades esta canción de "Mamá Cabra".
Seguimos repasando o número "anterior"(o que vai antes) e "posterior"(o que vai despois) con este xogo:
Preme aquí:Practica o "anterior" e "posterior"
C. SOCIAIS
Xa rematado o tema dos materiais, comezamos o último, sobre "A auga", elemento imprescindible nas nosas vidas, coa ficha 1. Primeiro lede este texto seguindo o debuxo para entender mellor o CICLO DA AUGA NA NATUREZA e despois vede o vídeo.
FELIZ DÍA 🌞🌈🌞