Bos días familias!!!
Chegamos á última semana de cole, deste curso tan excepcional... para esta semana as propostas que vou deixar van ser soamente dúas, é a última semana de cole e os nenos e nenas xa se merecen un descanso e vós tamén ;)
1) Nesta última semana, imos volver debuxarnos a nós mesmos nun folio. Podemos vernos nun espello se o necesitamos, logo gardade o debuxo coa data do día en que o fagades... para o curso que vén vounos pedir para ir vendo a progresión... Tamén podedes enviarme ao correo e así xa as gardo, o que resulte máis cómodo para vós!
2) Logo imos facer unhas manualidades veraniegas, vou deixar unhas imaxes de inspiración pero, podedes facer outras...
MOITAS GRAZAS, NATALIA