Ola de novo! Imos cos últimos esforzos...
A sesión de hoxe comeza con dous vídeos que nos explican como facer arte con elementos da natureza,
a técnica chamada “Land Art”. É moi interesante! Prestade moita atención…
Proposta de tarefas
PROPOSTA DE TAREFAS
FICHA FOTOCOP. "Los faros"
FICHAS AUTOCORRECTORAS
Matemáticas: Esta é a última tarefa que imos facer en relación ao tema de “Lonxitude”. A
proposta de hoxe é para dous días. Tendes ata o luns para resolver os
exercicios da ficha fotocop.“Os faros”.
Non é difícil, aínda que si algo laboriosa. Unha pista: na
maioría dos exercicios debedes pasar todas as medidas á unidade máis pequena, case sempre a metros.
Si algún exercicio non vos sae, non vos preocupedes. Poderedes
comprobar o resultado o luns na ficha de
autocorrección.
Valores: Mira o
vídeo “Iguales y diferentes”. É un vídeo para reflexionar … non tod@s aprendemos ao mesmo ritmo.
L. galega: Sitúate
nas páxs. 190 e 191 do libro (3º
trimestre) e fai unha lectura teatralizada en voz alta pedindo colaboración a alguén da túa
familia.
Plástica: Atréveste a facer o teu propio “Land
art”? Recorda que podes facer a túa obra utilizando elementos da natureza, que
atopes en diferentes lugares, sen necesidade de usar nin tesoiras nin pegamento. Estou segura de que ides facer magníficas creacións!
E por
hoxe nada máis. Ata mañá!
PROPOSTA DE TAREFAS
FICHA FOTOCOP. "Los faros"
FICHAS AUTOCORRECTORAS