Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/6/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 18 de xuño


Bo día de novo!

Bo día MIGUEL! Hoxe é un día especial. Este é O NOSO AGASALLO para ti! 

Esperamos que te guste! Desexámoste mooooita SORTE!!


Proposta de tarefas :Soamente tres sinxelas tarefas:

Lingua galega: Párate a pensar un chisco e busca na túa memoria cal foi o momento máis divertido que viviches en 3º e 4º. Serías quen de facer un pequeno relato describíndoo? Anímote a facelo, quedaráche como recordo.

Matemáticas: Achégote un vídeo con estratexias inxeniosas e divertidas para practicar as táboas de multiplicar.




Plástica: Unha proposta de “papel maché” para facer durante o verán! Parece divertido!



!

E con isto rematamos as tarefas deste curso. Por fin!! Chega o tempo de descansar…

Pero… non deixes de entrar mañá no blog, haberá unha GRATA SORPRESA!

Ata maña!