Bos días! Seguimos coas reunións. Hoxe tócalle ao equipo 6 (Lucas, Mateo, Noa Do e Uxía). A reunión comezará as 11:30. Intentade ser puntuais, empregar cascos ou auriculares e estar nunha habitación con pouco ruido. Para conectarse copiade e pegade o seguinte enlace: https://eduxunta.webex.com/meet/martin.kuperberg
Para o xoves faremos unha reunión con todos os que non puidechedes entrar na primeira. (Noa Da, Lucía A, Lucía G, Brais, Enzo) xa que me gustaría falar con todos. Se tendes algunha dificultade para entrar facedemo saber canto antes e buscamos outro xeito de comunicarnos. Comezamos:
Matemáticas: Hoxe inventaremonos outro problema con fraccións. As fraccións que tendes que empregar son: 3/10 e 6/10 e o número 1740.
Ciencias Sociais: O primeiro que ides facer son as actividades da sección 6. Todas as que son de facer no ordenador. Depois xogade con estes mapas interactivos. Intentade acadar a puntuación máxima. Relevo de España. Rios de España. (podédesme enviar unha captura de pantalla coa vosa puntuación) Por último leemos e facemos o esquema da sección 7. Esquema
Moito ánimo!