Olaaa! Bo
día!
Que ben
que continúa o bo tempo! Parece que se vai achegando o verán!
Iniciamos a sesión de hoxe cun magnífico "Land Art" con título feito por Breixo. MOI CREATIVO Breixo!
"NARVAL EN TIERRA". BREIXO
Iniciamos a sesión de hoxe cun magnífico "Land Art" con título feito por Breixo. MOI CREATIVO Breixo!
"NARVAL EN TIERRA". BREIXO
A continuación dous vídeos que nos introducen na Prehistoria (para completar a materia Ciencias Sociais que nos queda
por dar).
Proposta de tarefas
Cienciais Sociais. Bota
unha ollada á Lección 5 do teu libro
de Ciencias Sociais (páx 76…). Observa as imaxes e… se queres, podes ler
algunha das preguntas, estan relacionadas cos vídeos que acabas de ver.
Matemáticas:
-Achégote
un par de vídeos sobre as medidas de capacidade. Un deles propón
que fagas algunhas comprobacións co litro, medio litro e cuarto de litro. Así
que… se che pica a curiosidade, anímate a conseguir algunhas botellas de
reciclaxe e… a experimentar...
- Sitúate
na páx. 169 do teu libro (3º trimestre) e fai na túa libreta o ex 4. Recorda que para resolver os dous últimos
debes aplicar a proba da división.
Lingua galega:Sitúate
na páx 198 do teu libro (3º trimestre). Le o texto sobre “gheada e seseo! e fai na túa libreta os ex. 1,2,3,4 e 5. Non é preciso que copies os enunciados.
Isto é todo por hoxe. Ata mañá!
Por certo, non deixes de ver a entrada sobre "Mindfulness" que aparece un pouco máis arriba. Hai unha reflexión interesante sobre a importancia de sorrir.
Por certo, non deixes de ver a entrada sobre "Mindfulness" que aparece un pouco máis arriba. Hai unha reflexión interesante sobre a importancia de sorrir.
PROPOSTA DE TAREFAS