Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/6/20

Matemáticas 2º Primaria. 15 a 19 de xuño

Bos días! Espero que esteades ben. Comezamos a última semana do curso! Estou seguro de que estades desexando unhas merecidas vacacións.

Esta semana do noso libro imos facer a ficha 10 de xeometría sobre a esfera, o cilindro e o cono para deixar rematadas todas as figuras xeométricas.

Tamén vos deixo a maiores para que teña impresora unha mandala de multiplicacións: mandala

Ademáis, recordades os sudokus que fixeramos na clase? Deixovos unha web onde podedes facer online todos os que queirades: Sudokus

E non esquezades de cando en vez repasar as multiplicacións e as taboas! Podedes seguir utilizando as webs coas que traballamos estes meses: https://www.tablasdemultiplicar.com/https://arbolabc.com/juegos-tablas-de-multiplicar e https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar.

Un saúdo a todos!