Bos días! Espero que esteades animados e levedes ben estes días. Deixo aquí tarefas de matemáticas para que cada un faga dentro das suas posibilidades. A organización que propoño é tamén orientativa, cada quen que siga o horario que prefira:
Luns 23: Seguimos repasando problemas de sumas e restas con levadas.
Martes 24: Actividades sobre a taboa do 4.
Mércores 25: Recordades os sudokus? A ver se sodes quen de facer este.
Xoves 25 e Venres 26: Na web mundoprimaria atoparedes un montón de xogos para ir aprendendo as taboas de multiplicar. Ide probando estes días os xogos das taboas entre o 1 e o 4 e comezade a ver a do 5. Truco: Todas as multiplicacións desta taboa rematarán en 0 ou en 5. Deixovos aquí o enlace.
Moito ánimo a tod@s!