Bos días! Hoxe non facemos videoconferencia. Pero xa teño o vídeo dos vosos saludos casi rematado. Estade atentos xa que ao longo da maña o poderedes descargarlo do EVA na materia de plástica. Tamén quería comentarvos que as tarefas do luns 8 se publicaran automaticamente as 9:30, non vou poder avisar polo classcraft nin classdojo da sua publicación, xa que estarei no cole preparando o voso material para que veñades a recollelo. Xa vos avisarei que día podedes vir. Comezamos:
Matemáticas: Inventaremos un último problema xa que de aqui en diante nos dedicaremos a repasar sobre todo o que vimos ata final de curso. A fracción será: 6/11 e o número 836.
Lingua Galega: Mirade este vídeo onde explico que son os pronomes e as diferencias entre o tónico e o átono. Video. Depois facedes os exercicios 3, 4 e 5 da sección de gramática do tema 10.
Plástica: Mirade o vídeo que fixechedes entre todos e facedeme un comentario sobre que vos pareceu no classcraft. O video teredelo que descargar na asignatura de Plástica do EVA online. (XA ESTA DISPOÑIBLe).
Moito ánimo!