Bo día! Como estades?
Comezamos a sesión presentando o "Land Art" de Lara. FANTÁSTICA OBRA!
Comezamos a sesión presentando o "Land Art" de Lara. FANTÁSTICA OBRA!
HOXE É UN DÍA ESPECIAL!!
Un día desta semana tocaríanos facer a excursión de fin de curso.
Este ano estaba previsto ir á "illa de San Simón", así que... "preparede as vosas mochilas" porque imos facer un percorrido pola illa.
Este ano estaba previsto ir á "illa de San Simón", así que... "preparede as vosas mochilas" porque imos facer un percorrido pola illa.
Sabíades que a illa de San Simón está situada na ría de Vigo e pertence ao concello de Redondela?
E que.. para chegar a ela dende o porto de Vigo hai que pasar por debaixo da Ponte de Rande?
Ao longo da súa historia foi utilizada como monasterio, lazareto, cárcere e tamén como hospicio e... nela tiveron lugar algúns acontecementos históricos importantes.
Ao longo da súa historia foi utilizada como monasterio, lazareto, cárcere e tamén como hospicio e... nela tiveron lugar algúns acontecementos históricos importantes.
Prestade moita atención aos vídeos. No segundo vídeo contan algo da súa localización e historia.
Esta será a única tarefa de hoxe.
Esta será a única tarefa de hoxe.
Espero que vos gustara. Ten unha historia interesante! Xa teremos, outro ano, ocasión de visitar a illa tod@s xuntos!
Mañá volveremos ao traballo, aínda que imos xa de retirada... vou seleccionar poucas actividades e sinxelas. Quédanos mooooi pouco...
Unha apertaaaa!