Os trabalinguas son xogos de
palabras difíciles de pronunciar, que se din rápido e en voz alta. En todos os
trabalinguas utilízanse palabras con sons ou letras iguais ou parecidas, para
que o resultado final sexa difícil de pronunciar.
Teñen a finalidade de
entreter ... E, ademais:
Fomentan a memoria: Non poderás dicir ben un
trabalinguas se non cho aprendes de memoria. É un truco infalible para poder
pronuncialo ben.
Exercitan a
vocalización: Os nenos terán que esforzarse en vocalizar adecuadamente cada fonema, pero
farano sen apenas darse conta, e dunha maneira divertida.
Fomentan a competitividade cun mesmo: O afán por superarse e
chegar a pronunciar os trabalinguas correctamente e de forma rápida failles
querer superarse día a día.
Axudan a que os nenos teñan interese pola lingua e a
lectura: De súpeto a lingua convértese en todo un descubrimento divertido.
Así que rétovos a aprender
os seguintes trabalinguas! Nos vos preocupedes se non sodes capaces á primeira,
é cuestión de práctica!
Déixovos tamén un documento
para que os poidades ler e así practicar mellor.
TRABALINGUAS.PINCHA AQUÍ.