Que tal a excursión á Illa de Ons? Espero que vos gustara a sorpresa. Polo menos foi un día de descanso.
Hoxe comezamos a sesión cunhas divertidas actividades
plásticas: "Debuxos que cobran vida". Prestade atención! Parece maxia!
Proposta de tarefas
L.
Castelá:Le o texto da ficha fotocop. “Biografía de Marco Polo” e fai
os ex. 1,2,3,4,5 e 6 ( o resto farémolo mañá). Subliña no texto os nomes comúns e propios.
Matemáticas:
- - Mira o vídeo sobre “Perímetro de figuras planas”.
- - Resolve:Serías
quen de medir cun metro o largo e ancho da túa habitación para calcular o seu perímetro? Pide axuda! Despois fai un debuxo esquemático na túa libreta e calcula o perímetro (recorda que para sumar unidades de lonxitude
hai que convertelas todas na mesma unidade,
neste caso mellor á máis pequena; unha vez máis temos que utilizar a
escaleira).
Plástica:
Atréveste
a experimentar os debuxos que cobran
vida? Só tes que procurar un azulexo ou prato de lousa e un rotulador de encerado. Ánimo e sorte!
Valores: Mira o vídeo sobre “Verdade"
Isto é todo por hoxe! Ata mañá!
PROPOSTA DE TAREFAS