Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/6/20

ACTIVIDADES 4º. Luns 15 de xuño


Ola! Bo día! 

Comezamos a derradeira semana de clase…agora si que xa estamos na recta final!!

Miguel volve a iniciar a sesión cunha “maruxiña” creada por el. MOI BEN Miguel!




A continuación un pouco de movemento para comezar a semana. A bailar coa BAMBA!

 

Proposta de tarefas:

Lingua galega: Despois de ler con atención o texto, fai os exercicios da ficha fotocopiada “Comprendo un artigo de opinión”.

C. Sociais: Achégovos un vídeo sobre a “Idade antiga”, é o último tema que nos queda por ver desta materia. Prestade moita atención. É moooi interesante!!

Matemáticas: Achégovos unha ficha de cálculo básico. (Durante o verán non deixedes de de practicar o cálculo, é importante para comezar o curso de 5º con axilidade.) Despois de feitas, comprobade as restas e as divisións realizando a proba. As demais podedes comprobalas coa calculadora.

Recordade:

 Para realizar a proba da resta hai que aplicar a fórmula:

Minuendo= Sustraendo + diferencia

Para realizar a proba da división hai que aplicar a fórmula:

Dividendo= divisor x cociente+ resto

L. Castelá: Dalle un repasiño ao caderniño de “Aprendo Gramática” que tes na túa carpeta. Achego unha copia.

Isto é todo por hoxe! Ánimo, é o último esforzo, xa non queda nada... Ata mañá!

PROPOSTA DE TAREFAS