Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/6/20

Matemáticas 2º Primaria. 1 a 5 de xuño

Bos días! Como estades? agardo que ben

Quedan xa moi poucas semanas e comezamos unha nova na que imos ver unha pequena introducción á división. Agora que xa vexo que levamos ben as taboas de multiplicar podemos comezar a facer divisións pequenas sen problemas.

Luns 1: Podemos comezar vendo este vídeo coma introducción. Logo, iremos ao apartado de cálculo e operacións do noso libro pra facer a segunda parte da ficha 18 (páxina 36). Leemos con atención o cadro onde nos explica o proceso da división e resolvemos eses pequenos problemas. Pra axudarnos de forma visual podemos facer grupos con algo que teñamos por casa, por exemplo canicas, pra representar as contas de forma gráfica.

Martes 2: Seguimos necese apartado de cálculo e operacións e facemos a segunda parte da ficha 19 (páxina 38), sobre a relación entre as multiplicacións e as divisións.

Mércores 3: Seguimos no noso libro pero desta vez no apartado de resolución de problemas pra facer a primeira parte da ficha 23 (páxina 45).

Xoves 4: Facemos a segunda parte de esa ficha 23.

Venres 5: Pra rematar a semana imos ao apartado de Xeometría do libro e facemos a primeira parte da ficha 9 (páxina 15) sobre prismas e pirámides.

Moito ánimo e paciencia coas divisións! É tan só unha introducción, non temos que saber facelas perfectas xa. Coma é un contido novo recordade enviarme fotos ao correo (jdapontecampos@edu.xunta.gal) pra ver que tal o levades. Por suposto podedes consultar tamén calquera dúbida.

Un saúdo, moito ánimo e sentidiño!