Ola de novo!
Comezamos a penúltima semana. Que pouquiño nos
queda!
Iniciamos
a semana presentando catro obras de arte ao estilo “Land Art”. Iker ,Manuel e Celia fixeron un fantástico
traballo con temáticas diferentes. PARABÉNS para os tres!
"FLOR" IKER
"BARCO" MANUEL
Celia ademais achega un excelente debuxo sobre máquinas simples
A continuación o vídeo do día, hoxe un anaquiño da película “Río” para comezar a semana con enerxía. Disfrutádeo!
Lingua
galega: A proposta de hoxe é facer a ficha fotocopiada “Comprendo unha entrevista”. Para practicar
a lectura expresiva podedes pedir a alguén da vosa familia que colabore con vós para
facer a entrevista en voz alta.
Matemáticas:
-Antes de
nada, corrixe a ficha “Os faros”. Espero que non vos
fora moi difícil resolvela. Con isto
rematamos o traballo coa “Lonxitude”.
-A miña proposta de hoxe é que vos situedes na páx.156 do libro (3º trimestre) e fagades un percorrido pola lección de “Capacidade e Masa”. A forma de traballo é a mesma que coa lonxitude. En 5º e 6º afondaredes nestes temas.
-Achégovos
dous vídeos sobre: unidades de capacidade
e unidades de masa.
-Sabes canto pesas? Se queres
facer unha pequena práctica, anímate a
pasar a túa masa en Kg a unidades máis pequeñas como gramo (gr), decigramo
(dg), centigramo (cg) ou miligramo(mg).
E por
hoxe nada máis. Que teñades un bo día!
PROPOSTA DE TAREFAS