Bo día a tod@s!
Como estades? Espero que esteades tod@s ben. Darvos o último empuxón para este curso que xa está rematando.
Esta semana traballaremos as letras ñ e z. Esta última é unha letra que só vai xunto ás vogais a, o, u xa que coa "e" e coa "i" poñemos a c (que como xa dixeramos falaba de dúas maneiras e unha delas é como a z.
Seguiremos repasando números e faremos sumas.
Tamén, vos vou mandar outra ficha de restas coas demais fichas. Mandádeme se podedes outra foto deste exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.
Fichas dos libros
- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)
Ficha Nº4: Debuxar os utensilios dos paleontólogos e decorar as letras que forman a palabra “paleontólogos”.
Ficha Nº17: Escribir na lista as utilidades do lume para os cavernícolas.
Ficha Nº18: Pintar como se fora o fondo dunha cova.
Ficha Nº24: Arrodear o vocabulario traballado, debuxar o que máis lles gustou do libro e escribir coa vosa axuda palabras que aprenderon.
- 2ª] Matemáticas
Ficha Nº9: Calcular e escribir a cantidade de euros que hai en cada monedero.
Ficha Nº13: Arrodear o número que representa a cantidade de personaxes de cada grupo.
Ficha Nº14: Pegar as caras dos dados que corresponden ás sumas e pegar os adhesivos dos resultados.
Ficha Nº22: Copiar e ampliar o debuxo do elefante nunha cuadrícula maior.
Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/17VCzTLHS1dEH7ta4EzyXl0GwynT7Ierb/view?usp=sharing )
Un abrazo para tod@s!
BOA SEMANA!!!