Bos días! Hoxe comezaremos repasando as divisións e a resolución de
problemas a través dunha tarefa interactiva no enlace https://www.liveworksheets.com/gr602325kp.
A continuación realizaredes unha lectura interactiva de mundo primaria no
enlace https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/curiosidades-sobre-el-maiz. Non vos esquezades ao rematar de realizar as tarefas de
comprensión lectora.
Ao rematar, imos facer unha actividade interactiva no enlace https://www.liveworksheets.com/kj776549dh para repasar a sílaba.
E por último, vouvos propor un reto. É moi importante que o fagades tod@s!
Primeiro debedes descargar no móbil a aplicación “bitmoji”. A continuación
crearedes o voso propio avatar. E para finalizar, deberedes enviarme o avatar
ao meu correo electrónico. É moi sinxelo!
Un saúdo.
Fanny.