BO DÍA!
Como vai todo? Ánimo, que xa quedan pouquiños días. Estas son as últimas imaxes recibidas:
![]() | ||||
Sara M. ensínanos que hai sitios moi bonitos sen ir moi lonxe. Fonte de Sta. Ana en Pexegueiro.
![]() |
Elda e a súa familia. |
Recordades o traballo que fixemos antes do confinamento sobre Eunice Newton, unha das primeiras científicas que estudou o cambio climático? Pois este é o vídeo elaborado cos vosos debuxos.
C. SOCIAIS
Ficha 4. A auga
L. GALEGA
Ficha 14. A ver quen atopa na lectura un lugar moi coñecido por todos e todas.

Que teñades un día estupendo.