Bo día chic@s! Achegámonos de novo á fin de semana.
Miguel é quen inicia a sesión de hoxe con este orixinal "Land Art" de bolboreta.
SORPRENDENTE!!
Que tal vos foi coa práctica do debuxo na auga? Conseguíchedes
bos resultados?
E a medida do perímetro da vosa habitación? Espero que ben. É importante facer prácticas no noso entorno, iso axúdanos a aprender mellor os conceptos.
Hoxe imos achegarnos ao peculiar mundo das medusas. Xa chega o verán e é bastante probable
que atopemos algunha na beira do mar. Tede coidado, pois a súa picadura produce bastante dor!
Prestade atención ao vídeo! Ten información interesante!
Prestade atención ao vídeo! Ten información interesante!
Proposta de tarefas
Lingua Castelá:
- Hoxe
toca facer os ex. 7,8,9,10 e 11 da ficha fotocopiada “Biografía de Marco Polo”.
O luns poderás ver a ficha autocorrectora completa.
- Ademáis dalle un repasiño ás normas de ortografía que tes na
bolsiña da carpeta. Achégote unha copia, por se non a atopas.
Matemáticas:
- Resolve os ex. da ficha fotocop. “A qué hora empieza la película” ( repaso do tema das horas).
- Resolve os retos nº
37, 38 e 39. Achégovos unha copia
dos mesmos.
C.
Sociais: Mira o vídeo sobre pinturas rupestres de Campolameiro feitas,
supostamente, por homes e mulleres
prehistóric@s.
PROPOSTA DE TAREFAS