Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

5/6/20

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


        
 DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO)

Como sabedes, este ano o proxecto do cole xirou en torno ao coidado do medio ambiente e grazas a os AXENTES VERDES conseguimos tres obxectivos:
  • Concienciar a toda a comunidade educativa da importancia da reciclaxe para a sustentabilidade do noso planeta.
  • Facer partícipe a todo o alumnado no mantemento dos patios limpos.
  • Introducir cambios nas nosas condutas diarias co obxectivo de xerar menor volume de residuos.
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria foron os encargad@s de poñer en marcha este proxecto a través de charlas formativas en cada un dos cursos e agora, queren pechalo con este TELEXORNAL.

Podédelo ver na páxina web do cole:

PINCHA AQUÍ

 O claustro de profesores estamos orgullosos do traballo que realizaron os AXENTES VERDES   ao longo do curso e estamos convencidos de que grazas a tod@s , hoxe, O PLANETA é un lugar mellor.