Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

4/6/20

ACTIVIDADES 4º. Venres 5 de xuño

Bo día chic@s!

Hoxe é venres e... estamos tod@s xa moi cansos así que... imos rebaixando un pouquiño o ritmo de traballo. 

En primeiro lugar preséntovos os "aperitivos de maruxiña" que fixo Leire. QUE APETITOSOS!




Rematamos a semana cun  peculiar vídeo sobre “Estrelas de mar”. Seguro que este verán atoparemos moitas na praia.

 
Proposta de tarefas:

L. Castelá: A proposta de hoxe é facer na túa libreta un cómic onde a protagonista sexa unha estrela de mar. Os demais personaxes podes inventalos.

C. Naturais: Para rematar a lección das máquinas fai unha lectura da páx. 109 do teu libro e reflexiona sobre o que di.

Achégovos tamén unha proposta para facer experimentos con auga. Seguro que vos van gustar! 

Que pasedes unha boa fin de semana! Unha superaperta!!

PROPOSTA DE TAREFAS