Bos días! comeza a última semana do curso. Antes de comezar quería aclarar unha cousa que moitos de vos estivechedes preguntando: O ordenador non tendes que devolvelo. Xa quedades con el para o ano que ven.
Comezamos esta última semana. Como xa vos dixen, ao longo desta semana faremos unha serie de retos que teran como recompensa grandes cantidades de experiencia no Classcraft. Sin máis hoxe mesmo, sen ter que facer nada TODOS reciviredes 1000 puntos.
O primeiro reto: Collede 5 mistos ou escarvadentes e formade o número 8. Cando o teñades enviadesme unha imaxe a traves do classcraft ou email co resultado. A recompensa é de 500 EXP
O Segundo reto de hoxe podedes replicalo con mistos ou escarvadentes. Aqui tenden a imaxe:
O que tendes que facer sera movendo soamente dous escarvadentes ou mistos, facer o número máis grande posible. Cando atopedes ese número dicidesmo polo classcraft. A recompensa é de 2000 EXP.
Por último, estou preparando "O GRAN QUIZZIZ DE 5º" Pero as miñas neuronas non dan para máis a estas alturas de curso, así que vos pido que me enviedes preguntas con 4 posibles respostas (como as do quizziz). Podedes enviarme tantas preguntas como queirades relacionadas todas con contidos que vimos este ano (ciencias, linguas, mates, ingles, etc.). Para envialas facede un documento de texto (libre ofice writer) con todas as preguntas que queirades. Lembrade que teñan catro posibles respostas. Tamén tendes que indicar cal é a resposta correcta. Por cada pregunta que me enviedes reciviredes una recompensa de 500 EXP. (podedes enviar moitas preguntas en UN solo documento). Así que cantas máis preguntas máis EXP.
Vemonos mañan!