Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

8/6/20

Matemáticas 2º de Primaria. 8 a 12 de xuño

Bos días. Como estades? Agardo que ben.

Estamos xa rematando o curso así que veña, un último esforzo!

Esta semana continuamos coas multiplicacións pero ademáis veremos de novo algunha división aplicada a problemas y remataremos cos prismas e piramides en xeometría. Como sempre, a organización da semana é só un exemplo:

Luns 8: Comezamos a semana con multiplicacións facendo a primeira parte da ficha 24 de cálculo e operacións (páxina 47).

Martes 9: Seguimos coa primeira parte da ficha 27, tamén en cálculo e operacións (páxina 53).

Mércores 10: Imos agora ao apartado de resolución de problemas e facemos a primeira parte da ficha 24.

Xoves 10: Rematamos esa ficha 24 de solución de problemas.

Venres 11: Pasamos a xeometría e rematamos a ficha 9 que comezaramos a semana pasada.

Recórdovos de novo o meu correo pra enviar as fichas e para calquera dúbida: jdapontecampos@edu.xunta.gal

Un saúdo e boa semana. Ánimo, que xa non queda nada!