Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/3/20

TAREFAS LUNS 16 DE MARZO. 1º B

TAREFAS LUNS 16 DE MARZO. 1º B

Luns 16/03/20 - Actividades 3º de Primaria


Bos días nenos e nenas de terceiro de Primaria! Para comezar vouvos indicar unha serie de recomendacións a seguir durante estes días que non asistiremos ao centro,  para poder afianzar nos contidos traballados. Na medida do posible, é moi importante establecer un horario para seguir a rutina dende a casa.

·         Primeiramente leremos cada día un pouquiño. Se queredes poderemos facer lectura online como realizamos ás veces na clase a través do enlace http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html no apartado de terceiro. A continuación realizamos as actividades de comprensión lectora interactivas.

·         Repasaremos as táboas de multiplicar tódolos días. Para iso, podedes entrar no enlace https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar, onde atoparedes as distintas actividades interactivas das táboas, como xa fixemos na clase.
·         Realizaremos un diario no que rexistraremos o que facemos cada día.
·         Podedes realizar na casa diferentes xogos coas vosas familias. Seguro que elas coñecen un montón de xogos. Déixovos un enlace por se hai algún que non coñecedes e vos gusta https://pequesynenes.wixsite.com/adoradaspequeneces/single-post/Juegos-e-ideas-para-pasar-estos-dC3ADas-con-los-peques-en-casa 

Ademais, diariamente vou colgar neste blog as distintas actividades para reforzar os contidos traballados e intentar continuar á volta co desenvolvemento do currículo programado.


Luns 16/03/20

Para comezar e tendo en conta que non puidemos facer o exame de Ciencias da natureza programado, déixovos unha ficha de toda a unidade para que fagades a modo de repaso. Podedes imprimila e facela ou senón realizala nunha libreta. Repaso ciencias da natureza
A continuación, a través do enlace https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-tercero repasaremos as operacións básicas de sumar e restar.

E por último no día de hoxe escribiremos no noso diario todo o fixemos.

Ata mañá e moito ánimo. Non esquezades o importante que é seguir traballando dende a casa e establecer o noso propio horario.
Un saúdo.
Fanny.



15/3/20

ACTIVIDADES 4º de PRIMARIA. 16/03/20

Ola alumnos e alumnas de 4º! 

A partir de hoxe cada día atoparedes actividades de distintas materias para facer en casa. 

Podedes imprimilas, pero se algún de vos non ten impresora podedes facelas nunha libreta indicando a data, o título da actividade e o número de exercicio.

É  moi importante que as fagades todos os días  pois  é a nosa obriga seguir avanzando no programa para seguir APRENDENDO.Aconséllovos  tamén que dediquedes un tempiño diario á lectura dun libro. Seguide practicando igual que facemos na escola. Tamén é importante que vos poñades un horario máis ou menos igual todos os días. O resto do tempo podedes ocupalo en  actividades de lecer.  

Nestes momentos tócanos convivir en familia. Aproveitade para disfrutar con xogos de mesa, puzzles, bailes, cancións... seguro que os vosos papás e mamás coñecen un montón de xogos para compartir.

Ánimo e poñede moito interese en facer ben as actividades! 

Aquí vos deixo as actividades para hoxe:

CONTO

Este é un conto para ler, pero podedes tamén imprimir e pintar e incluso facer a  ficha diaria  que  recolle o que facedes  cada día.







Entrade neste enlace a través de FIREFOX e poderedes xogar. 

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DO 16-18 MARZO

Para que os nenos  e nenas de 2º non perdan  a rutina e facer  dentro do que podemos vida normal, aquí van uns pequenos  consellos:
-Procurar un espazo onde o neno/a esté tranquilo/a e sen distraccións.
-Facer un horario de traballo marcando tamén os tempos de descanso (curtos pero necesarios para que se mova cada 30 minutos).
-Deben traballar de xeito autónomo, eles sos e soamente lles axudaremos  en caso de que non entendan algo.
-Cada día deberían  ler e escribir.
Aquí expoñemos algún exemplos e recursos:
Entendemos que algunas familias non dispoñen de impresora para sacar as fichas pero podedes guiar aos nenos/as mirando o móbil . Non é preciso que copien todo, soamente que fagan as actividades nun caderno. Preme nas seguintes  ligazóns 

FICHAS NATURAIS

Tareas 2º Primaria


Luns 16.                            Martes17.                           Mércores18.       Xoves eVenres(Festivos)
Matemáticas.                     Matemáticas.                       Matemáticas
Descanso.                          Descansos                            Descanso
Lectura comprensiva.        Lectura comprensiva.          Lectura comprensiva
Descanso.                          Descanso.                             Descanso
Dictado.                             Dictado.                               Dictado
Natu.                                  Natu.                                    Natu

13/3/20

Aviso importante

Ola alumnos e alumnas de Randufe, xa que estes días debemos permanecer no noso domicilio por motivo do COVID19, dende o cole os profesores enviaremos unha serie de recomendacións e actuacións para seguir o ritmo de traballo habitual. Entrade regularmente a partir do luns 16 de marzo no blog e clicade no voso curso  (aparece na columna da dereita) para acceder as actividades que propoñemos día a día. Para o alumnado de 5º e 6º de E.P. as actividades estarán subidas na plataforma EVA. 
Moito ánimo e sede responsables.

29/1/20

Día da Paz


Dende 1964, todos os anos,  o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non-violencia en recordo de Mahatma Ghandi, importante pacifista hindú que deu  á humanidade un exemplo de  tolerancia,  solidariedade, e  respecto aos Dereitos Humanos, á  Non-violencia e a Paz.

No Ceip de Randufe  sabemos que respectándonos crearemos un  mundo mellor. Por iso este ano estamos a desenvolver un proxecto relacionado co coidado do Medio Ambiente.  Coidando o noso planeta tamén contribuiremos á Paz no mundo.

Aquí vos deixamos uns videos  para reflexionar.

Día da Paz




Sentindo a paz na natureza

24/11/19

Educando en Igualdade

Hoxe, 25 de novembro, é o  Día Internacional de Eliminación da Violencia de Xénero.

Propoñémosvos esta cortometraxe  para reflexionar sobre a importancia de respectar os dereitos de todas as persoas!


11/11/19

Axentes Verdes

Comeza no CEIP de Randufe a campaña de Reciclaxe.
Moito ánimo aos Axentes Verdes! Entre tod@s conseguirémolo!

3/11/19

Reciclar é importante!

Os alumn@s de Randufe somos conscientes da importancia de reciclar e separar residuos. Por iso este curso  poremos en práctica un novo plan de reciclaxe.  
Os Axentes Verdes serán os protagonistas! Entre tod@s conseguiremos un colexio máis limpo e comprometido co Medio Ambiente.
Aquí vos deixamos un corto para pensar... 

14/10/19

Coidemos o Medio Ambiente


Bo día! Este curso no CEIP de Randufe levaremos a cabo un proxecto para reflexionar sobre o coidado do Medio Ambiente.

O cambio climático, a contaminación, a deforestación, a sequía, entre outros, son temas que nos preocupan moito. Que podemos facer?

Para empezar aquí vos deixamos unha curiosa
curtametraxe para pensar… e concienciarnos sobre a importancia que ten o noso modo de vida no cambio climático.



   

Canción polo cambio climático