Bos días nenos e nenas de terceiro de Primaria! Para comezar vouvos indicar unha serie de
recomendacións a seguir durante estes días que non asistiremos ao centro, para poder afianzar nos contidos traballados.
Na medida do posible, é moi importante establecer un horario para seguir a
rutina dende a casa.
·
Primeiramente
leremos cada día un pouquiño. Se queredes poderemos facer lectura online como
realizamos ás veces na clase a través do enlace http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html no apartado de terceiro. A continuación realizamos as actividades de comprensión
lectora interactivas.
·
Repasaremos
as táboas de multiplicar tódolos días. Para iso, podedes entrar no enlace https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar, onde atoparedes as distintas actividades interactivas das táboas, como xa fixemos na clase.
·
Realizaremos
un diario no que rexistraremos o que facemos cada día.
·
Podedes
realizar na casa diferentes xogos coas vosas familias. Seguro que elas coñecen un montón de xogos. Déixovos un enlace por se hai algún que non coñecedes e vos gusta https://pequesynenes.wixsite.com/adoradaspequeneces/single-post/Juegos-e-ideas-para-pasar-estos-dC3ADas-con-los-peques-en-casa
Ademais, diariamente vou
colgar neste blog as distintas actividades para reforzar os contidos traballados e
intentar continuar á volta co desenvolvemento do currículo programado.
Luns 16/03/20
Para comezar e tendo en
conta que non puidemos facer o exame de Ciencias da natureza programado,
déixovos unha ficha de toda a unidade para que fagades a modo de repaso. Podedes imprimila e facela ou senón realizala nunha libreta. Repaso ciencias da natureza
A continuación, a través
do enlace https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-tercero repasaremos as operacións básicas de sumar e restar.
E por último no día de
hoxe escribiremos no noso diario todo o fixemos.
Ata mañá e moito ánimo. Non esquezades o importante que é seguir traballando dende a casa e establecer o noso propio horario.
Un saúdo.
Fanny.