Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

2/6/20

ACTIVIDADES 4º. Mércores 3 de xuño


Ola! Que tal estades?

Espero que vos gustara o vídeo do “Banco da Amizade”. A min encantoume! Foi xenial escoitar as vosas voces!

Hoxe comezamos a sesión cunha curtametraxe animada que trata sobre o amor propio e o traballo en equipo. Titúlase “Hair love”. Espero que vos guste.


 

Proposta de tarefas:

Matemáticas:
- Volve a ler a ficha explicativa sobre “Expresión de medidas”. Imos facer unha práctica, a ver como vos sae.

- Sitúate na páx 142 do libro (2º trimestre) e fai na túa libreta o ex. 2.

- Resolve os retos nº 32,33 e 34 do teu caderniño de Retos.

Lingua Castelá:
-Mira o vídeo titulado “Hair love” da presentación.

-Despois fai un resumo coas túas palabras na libreta de L. Castelá. (intenta escribir como mínimo dez liñas). Podes acompañalo dun debuxo.

-Se alguén se anima a facer un cómic…

C. Naturais:
-Sitúate na páx. 108 do teu libro e le,  en voz baixa primeiro e logo en voz alta, os dous apartados relativos a fontes de enerxía renovables e non renovables (é un repaso do que estudamos o curso pasado).

- Logo observa a imaxe que aparece á dereita que explica como chega a electricidade ás nosas casas. Fai na túa libreta un debuxo esquemático deste proceso.

Isto é todo por hoxe. Continuamos mañá…

PROPOSTA DE TAREFAS