Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
1/6/20
Tarefas 5 anos semana do 1 de xuño
Bo día a tod@s!
Esta semana seguiremos traballando a letra x e ademais traballaremos a b e a v (vamos a coñecelas xuntas porque como xa sabedes falan igual).
Seguiremos repasando números e faremos sumas.
Tamén, vos vou mandar outra ficha de restas coas demais fichas. Mandádeme se podedes outra foto deste exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.
Fichas dos libros
- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)
Ficha Nº14: Observar as pegatinas e pegalas de forma correcta.
Ficha Nº16: Continuar a serie na primeira fila coas pegatinas e crear series libres na segunda e na terceira.
Ficha Nº21: Escribir que se necesita para facer a boneca de barro.
Ficha Nº22: Fixarse nas construcións que aparecen na ficha e debuxar unha delas.
Ficha Nº23: Completar as palabras do vocabulario prehistórico coas letras que faltan.
- 2ª] Matemáticas
Ficha Nº7: Sen contar, estimar as cantidades de diferentes elementos do debuxo e anotalas. Despois, comprobar as estimacións e anotar as cantidades reales.
Ficha Nº8: Formar grupos de dez elementos iguais e pintar cada grupo dunha cor diferente.
Ficha Nº10: Escribir a cantidade que corresponda a cada grupo e resolver a suma.
Ficha Nº20: Relacionar cada número co grupo que contén a cantidade de elementos correspondente.
Ficha Nº21: Pintar de cor verde os obxectos grandes e de cor amarela os pequenos.
Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1E8rtFWkla1w9d5_gLfoc4NL9tfYWJdbd/view?usp=sharing )
Un abrazo para tod@s!
BOA SEMANA!!!