Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/6/20

ACTIVIDADES 4º. Martes 2 de xuño


Bo día! Parece que está o tempo tormentoso. Un pouco de chuvia tamén está ben para limpar a atmosfera e así refrescámonos un pouquiño.

Hoxe temos mooooitas novidades! Para empezar, dicirvos que neste blog publicase hoxe unha videohistorieta que nos traslada ao mes de novembro, cando inauguramos no patio da escola o "Banco da amizade". Non deixedes de ver o  vídeo, saen os vosos debuxos e poderedes escoitar as vosas voces! É MOOOI EMOCIONANTE!

Para que non volo perdades este enlace. Clickade aquí "BANCO DA AMIZADE" 

A continuación as vosas producións:

Celia preséntanos as súas peculiares "maruxiñas". Fíxadevos ben, hai unha de cor amarela! QUE BEN QUEDAN NA PLANTA!

Ademáis envía unha foto da súa plantación de amorodos. Por fin naceron! Foi a partir dos que mercou no supermercado, tal e como nos explicaran naquel vídeo. Recordades? XENIAL CELIA! Todo é cuestión de  paciencia!



Lorena tamén sorpréndenos! Fixo de cociñeira esta fin de semana. Púxose mans á obra e mirade que "aperitivos de maruxiñas"!! Achega tamén un vídeo onde podemos ver todo o proceso de elaboración. FANTÁSTICO LORENA! 

CLICKADE neste enlace para ver o VIDEO DE LORENA

De seguido achégovos un vídeo artístico. É moi curioso! Nel aparecen importantes edificios e construcións de todo o mundo. Seredes quen de averiguar onde están algúns deles? Disfrutádeo!

 

Proposta de tarefas:

L. Castelá: Ficha fotocop. “Salvemos al tiburón blanco” (non fagades os apartados 8 e 9).

Matemáticas: Continuamos coas medidas de lonxitude. Esta vez soamente teredes que estar atent@s ao vídeo e á ficha explicativa que vos achego. Imos aprender como as medidas pódense expresar de dúas maneiras: Complexa e Incomplexa. Mañá faremos algunha práctica.

- Primeiro mira o vídeo sobre “Expresión de medidas”.

- Despois le con moita atención a “Ficha explicativa”

- Como traballiño extra resolve os Retos nº 29, 30 e 31 do caderniño de Retos.

C. Naturais: Le con atención o texto da páx 107 correspondente a Motores (máquinas compostas). Non deixes de ver os dous vídeos de Beakman que complementan a explicación do texto.

E por hoxe nada máis. Ata mañá!

PROPOSTA DE TAREFAS