Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta Todos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Todos. Mostrar todas las entradas

19/6/20

DESPEDIMOS O CURSO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Desde o Departamento de Orientación queremos despedirnos deste curso tan atípico a través dun conto.


 Agora que podemos estar un pouco máis preto do nosos seres queridos , tócanos desfrutar deses pequenos momentos con eles,  xa que , despois de estar privados da súa compañía, dos seus bicos, das súas apertas ... valoramos máis que nunca a importancia de estar xuntos.


Felices vacacións!

12/6/20

AUDICIÓN E LINGUAXE

QUE TAL ESTADES LEVANDO ESTA SEMANIÑA? ESPERAMOS QUE MOI BEN, CADA VEZ XA FALTA MENOS PARA QUE VOS DEAN VACACIÓNS, SEGURO QUE AS ESTADES DESEXANDO!!!


Esta vez imos xogar coas PALABRAS!!







25/4/20

EQUIPO DE BIBLIOTECA

SEGUIMOS CELEBRANDO O "DÍA DO LIBRO"

     Hoxe temos a achega de Laura Prado de 5º E.P., que nos envía o seu "Conto de títulos".



         Para seguir coa música inspirada en libros, presentamos  a canción "Busca o máis vital, da famosa obra O libro da selva, escrita polo inglés RUDYARD KIPLING. Seguro que todas e todos a coñecedes polos debuxos animados de Walt Disney.








13/4/20

Infantil 5 anos - Semana 14 - Abril

Bo día! Como estades? Espero que tod@s esteades ben e que pasarades estos días de semana santa o mellor posible.

En primeiro lugar teño que dicirvos que estou moi contenta, porque o vídeo que me mandastes amósame que estades ben e con enerxía. Fíxome moita ilusión por que eu tamén vos quero moito, moito. Se puidera ver por unha fiestra como traballades, aínda estaría máis contenta. Acórdome moito de vos!!!

Como seguimos nesta situación de confinamento, a partir de agora a principios de cada semana vou colgar no blogue, fichas e actividades para facer ó longo da semana. Como xa vos comentei, o que non as poida imprimir, pode facelas nunha libreta. Nesta semana:


  • traballeremos as letras d e h e continuaredes facendo algunhas sumas e repasar o número 9.
  • tamén vos mando algunha mandala por se vos apetece colorear.
Tamén recordarvos que calquera dúbida que teñades podedes contactar conmigo no correo electrónico: mariainfantilcole@gmail.com

Aquí vos deixo o link das tarefas.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1aI8mZ4xy-7JFxe_oxfyxKzRFXHtFroix/view?usp=sharing)

Un bico moi forte para tod@s e moito ánimo e forza.

María 





 

31/3/20

Infantil 5 anos Marzo



Bo día! Cómo estades? Espero que ben e que levedes esta situación o mellor que poidades. Mándovos moita paciencia e moito ánimo para superar isto canto antes.

Houbo familias que me preguntaron qué actividades facer estos días cos nen@s. Pois ben, mándovos unha serie de fichas que podedes realizar. Son fichas de repaso de todo o que levabamos dado durante o trimestre. Son orientativas, non obrigatorias. Quen non as poida imprimir na casa non pasa nada, pódense facer nunha libreta.


Por outra banda anímovos a seguir facendo cos nen@s xogos, crebacabezas, leédelle contos (poden escribir o título e debuxar o protagonista). Deixovos un link para que llo poñades e disfrutedes con eles, 
Pakolas. ( Tamén tedes aquí a url www.bit.ly/39rRVMi )

Tamén recordarvos que calquera dúbida que teñades podedes contactar conmigo no correo electrónico que xa mandamos polo abalar: mariainfantilcole@gmail.com

Aquí vos deixo o link das tarefas.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1hNedlg5ab11YMzpmjofZ5XnRAGRPbeFo/view?usp=sharing)


Vémonos pronto!!!!

Un saúdo

María