Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/3/20

ACTIVIDADES 4º de PRIMARIA. 16/03/20

Ola alumnos e alumnas de 4º! 

A partir de hoxe cada día atoparedes actividades de distintas materias para facer en casa. 

Podedes imprimilas, pero se algún de vos non ten impresora podedes facelas nunha libreta indicando a data, o título da actividade e o número de exercicio.

É  moi importante que as fagades todos os días  pois  é a nosa obriga seguir avanzando no programa para seguir APRENDENDO.Aconséllovos  tamén que dediquedes un tempiño diario á lectura dun libro. Seguide practicando igual que facemos na escola. Tamén é importante que vos poñades un horario máis ou menos igual todos os días. O resto do tempo podedes ocupalo en  actividades de lecer.  

Nestes momentos tócanos convivir en familia. Aproveitade para disfrutar con xogos de mesa, puzzles, bailes, cancións... seguro que os vosos papás e mamás coñecen un montón de xogos para compartir.

Ánimo e poñede moito interese en facer ben as actividades! 

Aquí vos deixo as actividades para hoxe:

CONTO

Este é un conto para ler, pero podedes tamén imprimir e pintar e incluso facer a  ficha diaria  que  recolle o que facedes  cada día.







Entrade neste enlace a través de FIREFOX e poderedes xogar.