Dende 1964, todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da
Non-violencia en recordo de Mahatma Ghandi, importante pacifista hindú que deu á humanidade un exemplo de tolerancia, solidariedade, e respecto aos Dereitos
Humanos, á Non-violencia e a Paz.
No
Ceip de Randufe sabemos que
respectándonos crearemos un mundo
mellor. Por iso este ano estamos a desenvolver un proxecto relacionado co
coidado do Medio Ambiente. Coidando o
noso planeta tamén contribuiremos á Paz no mundo.
Aquí
vos deixamos uns videos para reflexionar.
Día da Paz
Sentindo a paz na natureza