Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/6/20

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS (Semana do 1 ao 5 de xuño)

Bos días familias! 

Que tal estades? Espero que sigades moi ben! Dámoslle a benvida a xuño, último mes deste curso tan especial... agora si que podemos dicir que xa queda menos!!!! Queda un nada, un último esforzo e xa chegan as ben merecidas vacacións para tod@s! 

O día 5 deste mes, é o día do Medio Ambiente, durante este curso no colexio estivemos traballando a importancia de coidar o noso planeta, os seres vivos e de reciclar... Por iso, esta semana, a igual que faríamos no colexio, a proposta de actividades vai ir relacionada con este tema. 

Imos empezar, como sempre cun conto... 

CONTO 


Como a semana pasada, había familias que non conseguían ver o vídeo dende os teléfonos, deixo tamén o enlace ao conto de YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=6RACWyJJPr8

ACTIVIDADES RELACIONADAS CO CONTO

Para esta semana propóñovos 3 manualidades ou actividades que fai a protagonista do conto, Claire: 

1. Decorar unha caixa de cartón e facer un disfrace de robot. 
2. Decorar unhas botellas de plástico para xogar aos bolos na casa. 
3. Plantar algunha semente nun bote de iogur. 

NON É NECESARIO FACER OS TRES, ESCOLLE O QUE MÁIS CHE GUSTE E MÁNDAME MOITAS FOTOS!!! 

Agora deixo unha serie de fichas relacionadas co tema: 


QUIZIZZ 

CÓDIGO 0507909

CÓDIGO 6376031




Pois isto é todo por esta semana, agardo as vosas fotiños dos vosos traballiños! 

NATALI