Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas

14/4/20

TAREFAS 2º DE PRIMARIA 14 DE ABRIL

Bo día, que tal estes días de descanso? Espero que sigades tod@s ben.
Para estos días propoño unhas actividades de ortografía de repaso do uso do R. Lembrade o que dicimos sempre "al principio y al final una R llevará", unha ficha de definicións e unhas lecturas.
Ánimo para tod@s e unha aperta moi forte.
Fichas r o rr
Definiciones
Lecturas

16/1/18

Preparando o "Día da Paz"

Coidar o noso entorno e o noso planeta é algo importante que podemos  facer para sentirnos mellor e para unha convivencia en Paz.


Por iso este ano propoñémosvos coñecer a historia de Wangari Maathai, unha extraordinaria muller keniana. Ela foi a primeira muller africana en recibir  o premio Nobel da Paz, no ano 2004. Desenvolveu unha importante labor en defensa da natureza, a través dun proxecto que supuxo a plantación de mais de 30 millóns de árbores, potenciando ao mesmo tempo o traballo das mulleres do seu país.


" Sementa a Paz" era o seu lema. 


Queredes saber mais sobre a súa vida e as súas actuacións? Aquí vos deixamos uns contos e videos para reflexionar... 




 



 

6/11/17

" VIII semana da ciencia en galego"

Esta semana no colexio celebramos a " VIII semana da ciencia en galego" donde traballaremos o dereito a gozar da ciencia en galego, a través de figuras  tan importantes como Charles Darwin e o galego Domingo Fontán. Descobriremos   as Viaxes científicas de Darwin no Beagle, e a Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica de Galicia.

No recuncho de novas da biblioteca, temos una morea de recursos para traballar e facer descobertas sobre os autores homenaxeados este ano.



 

 

16/10/17

Non máis lumes

Hoxe, tristemente, o noso alumnado chegou á escola cos ollos cheíños de lume, fume e tristura... Difícil para nós explicarlle o que sentimos ao ver a natureza arder, as persoas morrer, a vida desaparecer, a nosa terra destrozada. Hoxe todos e todas tratamos de falar, explicar e buscar solucións a esta barbarie que asola aos nosos montes, aos nosos veciños e veciñas, aos animais, ás fragas, ós rios, a todo o que nos caracteriza como habitantes dunha terra que compartimos.

Por iso, e de maneira simbólica, hoxe ás doce do mediodía pedimos non máis lumes, solucións e choiva, moita choiva...

 



 



 



 



 



 

2/5/16

GRAN ACTUACIÓN EN RANDUFE: O BIGOTE DE MIMÍ

O xoves toda a escola de Randufe asistirá ao espectáculo musical O bigote de Mimí. Se premedes no cartel, poderedes escoitar algunhas das cancións e así ir aprendéndoas  para quedar sen gorxa na actuación, cantando e bailando sen parar. Desexamos que vos guste:


bigote mimi

Por Luis Valdecillo


 



 

 

 

 

 

20/2/16

Día de Rosalía de Castro

Co gaio do Día de Rosalía, os nosos alumnos Keyla e Yohanis, recitaron dous poemas que Manuel María adicou a inmortal poetisa galega, defensora  da nosa  lingua Este é o resultado!







27/1/16

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Hoxe foi un día xenial porque tivemos a sorte de que o actor Miguel Ángel Blanco visitounos para compartir connosco divertidas historias e un pouquiño de si mesmo explicándonos en que consiste o día a día dun artista no teatro, no cine ou na televisión. Foi moi interesante e agradecemos moito  que puideramos compartir un pouquiño do seu tempo. MOITOS ÉXITOS E VOLTA CANDO QUEIRAS!


[gallery columns="4" ids="6943,6944,6945,6946,6947,6948,6949,6942"]

8/12/15

11/11/15

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres pasado, todos os estudantes da escola vivimos un día de Ciencia para aprendermos sobre a luz. Iso si, todos OS experimentos fotón en galego. Mirade todo o que fixemos:


[gallery ids="6832,6838,6839,6837,6836,6842,6835,6834,6833,6841,6844,6845,6846,6843"]

22/10/15

XA ESTÁ PRETO O SAMAÍN!

Esta tradición celta que marcaba o comezo do inverno vaise achegando. Se queres atopar mil ideas para estes días de descanso, preme na imaxe e alucinarás!


 

 

samain1

Páxina elaborada  por Mª Asunción García Álvarez.


 

 

 

 

4/5/15

TERCEIRO INVESTIGA E CREA!!

Os mozos e mozas de terceiro estiveron investigando e traballando en equipo para que tod@s podades aprender sobre o Sol, a Lúa, os continentes e mais os puntos cardinais. Non perdades a nosa exposición!


[gallery ids="6640,6641,6639,6637,6636,6635,6634,6668,6667,6666,6665,6664,6663,6662,6661,6660,6659,6658,6657,6656,6655,6654,6653,6652,6651,6650,6649,6648,6647,6646,6645"]

Canta co Xabarín!!!


21/4/15

RAP "O GALEGO É DE TODOS"

O Colexio Sagrada Familia de Aldán, gañou o premio na sección de videos no Correlingua 2015.  QUE BEN O FAN!!!

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=E5gLLrsXhgc

23/2/15

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro foi a data de nacemento e o día escollido de conmemoración da poetisa e novelista Rosalía de Castro.


Aquí tedes algúns recursos para aprendervos un pouquiño más da súa figura e obra.


ROSAlia lim

 

rosalia_de_castro_mais_libros_mais_libres_educabarrie_

rosalia-de-castro-1-728

lim rosalia

rosalia mais