Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/1/18

Preparando o "Día da Paz"

Coidar o noso entorno e o noso planeta é algo importante que podemos  facer para sentirnos mellor e para unha convivencia en Paz.


Por iso este ano propoñémosvos coñecer a historia de Wangari Maathai, unha extraordinaria muller keniana. Ela foi a primeira muller africana en recibir  o premio Nobel da Paz, no ano 2004. Desenvolveu unha importante labor en defensa da natureza, a través dun proxecto que supuxo a plantación de mais de 30 millóns de árbores, potenciando ao mesmo tempo o traballo das mulleres do seu país.


" Sementa a Paz" era o seu lema. 


Queredes saber mais sobre a súa vida e as súas actuacións? Aquí vos deixamos uns contos e videos para reflexionar...