Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
10/3/13
6/3/13
En galego,... máis e mellor nº 39
Un novo boletín En galego,... máis e mellor, o nº39 correspondente ao mes de marzo.
5/3/13
ÚLTIMOS DÍAS DE EXPOSICIÓN!
As alumnas e alumnos de 3º preparamos unha exposición sobre o espacio. Cada equipo elaborou a súa maqueta ou experimento e aprendemos moitas cousas: a traballar en equipo, a organizarnos, a escoitar e valorar a opinión dos compañeir@s e, ademais, sabemos máis sobre o universo que Galileo. Aquí tedes algunhas fotos sobre todo o proceso. Estades tod@s invitados a visitar a exposición. Veña, que xa queda pouco tempo!
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]
4/3/13
Idade Moderna (10). Galiza no século XVIII
O século XVIII foi un tempo de importantes cambios na economía galega que acadou un importante desenvolvemento, especialmente na agricultura e a gandaría, onde tiveron especial importancia a introdución de dous novos cultivos: a pataca e o millo.
A chegada dos Borbóns trouxo a supresión das coroas de Castela e Aragón e a creación da Coroa de España. Para o Reino de Galiza non supuxo ningún cambio, porque xa padecera 200 anos antes a imposición dos órganos de goberno casteláns que agora lle acontecía aos antigos reinos da Coroa de Aragón. A maior centralización que traen os Borbóns importa o modelo francés de "Intendencias provinciais" sobre os seus territorios, asumindo o reino de Galiza unha Intendencia, e estando baixo o mando dun Capitán Xeneral.
Un exemplo do dominio castelán en Galiza é a historia do seguinte vídeo, acontecida no mosteiro de Oseira.
1730 O poder dos mosteiros (doc)
1745 Domingos Sarmiento. O monxe camiñante (doc)
A escola das areas
O galego dunha fidalga compostelá do século XVIII
1750 O nacemento do Ferrol (doc)
1760 Facer navegábel o Miño
1768 O Marqués de Sargadelos
1780 O negocio dos fomentadores cataláns
1788 Factorias de salazón
1789 Abusos dos fomentadores cataláns
1803 A loita contra a variola
3/3/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)