CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
4/3/13
Idade Moderna (10). Galiza no século XVIII
O século XVIII foi un tempo de importantes cambios na economía galega que acadou un importante desenvolvemento, especialmente na agricultura e a gandaría, onde tiveron especial importancia a introdución de dous novos cultivos: a pataca e o millo.
A chegada dos Borbóns trouxo a supresión das coroas de Castela e Aragón e a creación da Coroa de España. Para o Reino de Galiza non supuxo ningún cambio, porque xa padecera 200 anos antes a imposición dos órganos de goberno casteláns que agora lle acontecía aos antigos reinos da Coroa de Aragón. A maior centralización que traen os Borbóns importa o modelo francés de "Intendencias provinciais" sobre os seus territorios, asumindo o reino de Galiza unha Intendencia, e estando baixo o mando dun Capitán Xeneral.
Un exemplo do dominio castelán en Galiza é a historia do seguinte vídeo, acontecida no mosteiro de Oseira.