Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
16/3/20
Música 3º e 4º Primaria
Boas días.
Adxunto as partituras de flauta que estabamos vendo na aula por se queredes darlles un repaso estes días e non as tendes memorizadas. Recordade que con 3º facíamos as dúas de Si - La - Sol, a segunda sen o último pentagrama, e con 4º as tres pezas completas. Un saúdo e moito ánimo!
Si - La - Sol: Partitura
Sol - La - Si nova: Vídeo, Partitura
Polca: Partitura
Tarefas Matemáticas 2º Primaria semana do 16 ao 18 de Marzo
Bos días. Esta semana tiñamos pensado facer un repaso dos últimos contidos impartidos: sumas e restas con e sen levadas, contas e problemas, taboas de multiplicar do 1 ao 4 e igualar dúas cantidades. Deixo a continuación as ligazóns necesarias ao respecto pra realizar ao longo destes tres días. E moi importante ademáis dedicar un tempo ao estudo das taboas:
- Ficha de restas con e sen levadas: Ir á ficha
- Problemas de sumas e restas con levadas: Ir á ficha
- Igualación de cantidades: Vídeo explicativo
Ficha
- Adxunto tamén pra estudar as taboas de multiplicar por se algún a deixou no cole e, pra aqueles que dispoñades de impresora, unha mandala de multiplicacións pra ir facendo vendo polas táboas.
Un saúdo e moito ánimo a tod@s!
Recomendacións do equipo de Educación Infantil
Dende o equipo de Ed. Infantil, dámosvos as seguintes orientacións e recomendacións para que fagades cos nenos/as nestos días que teñen que estar nas súas casas:
- Ler contos.
- Crebacabezas.
- Actividades de motricidade fina: recortar, rasgar, pintar, picar, xogar coa plastilina, cociñar….
- Xogos de construcións.
- Xogos de mesa en familia: parchís, cartas, dominó, oca….
- Seguir as recomendacións oficiais: lavarse as mans, non tocarse a cara, non saír á rúa, gardar a distancia entre as persoas.
- Explicarlles a situación aos nenos/as e normalizala para así evitar o medo neles. Podemos facer con eles o seguinte xogo do coronavirus:
Esperamos que a pesar desta situación difícil que estamos vivindo, poidades aproveitar ao máximo estos días cos vosos fillos/as e que esta situación pase o mais rápido posible. O equipo de Ed. Infantil

Tarefas para o 16 de Marzo 5º EP
Bos días a todos e todas! Hoxe comezaremos unha nova rutina de traballo dende a casa. É moi importante facer estas tarefas, xa non soamente para non quedar completamente desconectados da escola, senón tamén para manter a cabeciña ocupada con outras cousas e axudar a pasar as horas máis rapidamente. Lembrade que calquera dubida que teñades ao respecto poderedes preguntala polas canles das que xa dispoñiamos, (classcraft, Classdojo) e tamén por Instagram @omestrederandufe. Non dubides en empregar estes medios. Iremos mellorando pouco a pouco e intentarei traer recursos variados para poder seguir traballando todo o que queirades.
Moi ben comezamos coas tarefas.
1º Hora: Lingua galega. Entrade no EVA (se dispoñedes de conexión a internet mellor, senón facédeos no offline) e realizade as actividades 1 e 2 do tema 6, apartado expresión oral e escrita. Suxírovos para actividade 1º instrucións que agora están moi presentes e que seguro escoitaches moito sobre #euquedonacasa. Na segunda actividade, se levades a tarefa a cabo podes compartir ou enviar a foto aos vosos compañeiros.
2º Hora: Matemáticas: podedes comezar quecendo a mente matemática facendo algunha destas restas de calculo mental. Calculo mental Resta
Despois inventa e resolve un par de problemas de división. Eu vos propoño as seguintes divisións. Se tendes algunha dubida podes ver o seguinte video :División ABN
3912 : 12 = ?
2941 : 17 = ?
Se queredes facer algunha máis podedes ir a ferramenta de google: Números aleatorios e escoller un numero entre 1000 e 9999 e outro entre 11 e 19 e dividilos. ISO SI!! lémbrate sempre de inventar un problema.
3º Hora: Biblioteca. Collede un libro e lede.
RECREO. Se queredes falar entre vos as 11:15 vou a abrir un foro de discusión na materia de lingua galega (si, igual que aquel polo que vos castiguei por empregalo indebidamente) no tema 6 apartado de expresión escrita. Así poderedes seguir en contacto cos compañeiros. Eu estarei conectado lendo as mensaxes. (precisades de conexión a internet)
Hora de ler: Lectura, sería xenial poder continuar coa lectura do libro da Sra Bubble, a ver se consigo una edición dixital. De momento lectura libre.
4º Hora: Lengua Castellana. Cuando veais una pelicula en en familia prestad atención a los siguientes elementos: Introducción, nudo y desenlace. Intenta distinguir cuando empieza y cuando acaba cada uno de estos elementos. Despues resume con tus palabras que sucede en cada una de las partes de esa película. Contesta a estas preguntas:
Moito ánimo a todos. En breve máis cousas.

- ¿Qué personajes aparecen en la película? ¿Cuál es el protagonista?
- ¿En qué espacio y tiempo sucede la historia?
- ¿El qué cuenta la historia está dentro de la película?
Moito ánimo a todos. En breve máis cousas.
Luns 16/03/20 - Actividades 3º de Primaria
Bos días nenos e nenas de terceiro de Primaria! Para comezar vouvos indicar unha serie de
recomendacións a seguir durante estes días que non asistiremos ao centro, para poder afianzar nos contidos traballados.
Na medida do posible, é moi importante establecer un horario para seguir a
rutina dende a casa.
·
Primeiramente
leremos cada día un pouquiño. Se queredes poderemos facer lectura online como
realizamos ás veces na clase a través do enlace http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html no apartado de terceiro. A continuación realizamos as actividades de comprensión
lectora interactivas.
·
Repasaremos
as táboas de multiplicar tódolos días. Para iso, podedes entrar no enlace https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar, onde atoparedes as distintas actividades interactivas das táboas, como xa fixemos na clase.
·
Realizaremos
un diario no que rexistraremos o que facemos cada día.
·
Podedes
realizar na casa diferentes xogos coas vosas familias. Seguro que elas coñecen un montón de xogos. Déixovos un enlace por se hai algún que non coñecedes e vos gusta https://pequesynenes.wixsite.com/adoradaspequeneces/single-post/Juegos-e-ideas-para-pasar-estos-dC3ADas-con-los-peques-en-casa
Ademais, diariamente vou
colgar neste blog as distintas actividades para reforzar os contidos traballados e
intentar continuar á volta co desenvolvemento do currículo programado.
Luns 16/03/20
Para comezar e tendo en
conta que non puidemos facer o exame de Ciencias da natureza programado,
déixovos unha ficha de toda a unidade para que fagades a modo de repaso. Podedes imprimila e facela ou senón realizala nunha libreta. Repaso ciencias da natureza
A continuación, a través
do enlace https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-tercero repasaremos as operacións básicas de sumar e restar.
E por último no día de
hoxe escribiremos no noso diario todo o fixemos.
Ata mañá e moito ánimo. Non esquezades o importante que é seguir traballando dende a casa e establecer o noso propio horario.
Un saúdo.
Fanny.
15/3/20
ACTIVIDADES 4º de PRIMARIA. 16/03/20
Ola alumnos e alumnas de 4º!
A partir de hoxe cada día atoparedes actividades de distintas materias para facer en casa.
Podedes imprimilas, pero se algún de vos non ten impresora podedes facelas nunha libreta indicando a data, o título da actividade e o número de exercicio.
É moi importante que as fagades todos os días pois é a nosa obriga seguir avanzando no programa para seguir APRENDENDO.Aconséllovos tamén que dediquedes un tempiño diario á lectura dun libro. Seguide practicando igual que facemos na escola. Tamén é importante que vos poñades un horario máis ou menos igual todos os días. O resto do tempo podedes ocupalo en actividades de lecer.
Nestes momentos tócanos convivir en familia. Aproveitade para disfrutar con xogos de mesa, puzzles, bailes, cancións... seguro que os vosos papás e mamás coñecen un montón de xogos para compartir.
Ánimo e poñede moito interese en facer ben as actividades!
Aquí vos deixo as actividades para hoxe:
CONTO
Este é un conto para ler, pero podedes tamén imprimir e pintar e incluso facer a ficha diaria que recolle o que facedes cada día.
Entrade neste enlace a través de FIREFOX e poderedes xogar.
TAREFAS PARA ESTA SEMANA DO 16-18 MARZO
Para que os nenos e nenas de 2º non perdan a rutina e facer dentro do que podemos vida normal, aquí van uns pequenos consellos:
-Procurar un espazo onde o neno/a esté tranquilo/a e sen distraccións.
-Facer un horario de traballo marcando tamén os tempos de descanso (curtos pero necesarios para que se mova cada 30 minutos).
-Deben traballar de xeito autónomo, eles sos e soamente lles axudaremos en caso de que non entendan algo.
-Cada día deberían ler e escribir.
Aquí expoñemos algún exemplos e recursos:
Entendemos que algunas familias non dispoñen de impresora para sacar as fichas pero podedes guiar aos nenos/as mirando o móbil . Non é preciso que copien todo, soamente que fagan as actividades nun caderno. Preme nas seguintes ligazóns
FICHAS NATURAIS
Tareas 2º Primaria
Luns 16. Martes17. Mércores18. Xoves eVenres(Festivos)
Matemáticas. Matemáticas. Matemáticas
Descanso. Descansos Descanso
Lectura comprensiva. Lectura comprensiva. Lectura comprensiva
Descanso. Descanso. Descanso
Dictado. Dictado. Dictado
Natu. Natu. Natu

13/3/20
Aviso importante
Ola alumnos e alumnas de Randufe, xa que estes días debemos permanecer no noso domicilio por motivo do COVID19, dende o cole os profesores enviaremos unha serie de recomendacións e actuacións para seguir o ritmo de traballo habitual. Entrade regularmente a partir do luns 16 de marzo no blog e clicade no voso curso (aparece na columna da dereita) para acceder as actividades que propoñemos día a día. Para o alumnado de 5º e 6º de E.P. as actividades estarán subidas na plataforma EVA.
Moito ánimo e sede responsables.
Moito ánimo e sede responsables.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)